miércoles, 27 de noviembre de 2013

Imprusiño no Pichel!

Hola a todos pataqueiros e pataqueiras, xa temos noticias frescas dende o Xosé Pichel. Como xa sabedes estamos traballando e investigando sobre as impresoras 3d, pois ben, grazas a que o noso profesor Tucho que nos conseguiu prestada unha prusa i2, puxémonos mans a obra. Estivemos aprendendo como se usaba, de que estaba composta, as cousas que facía e todo o que podía ofrecernos. Agora viña o máis difícil; tíñamos o reto de facer unha presentación moi detallada de todo o que sabíamos da impresora 3d a cada curso do noso instituto,tarefa complicada, sabendo como son os de Coristanco... Aquí vos deixamos unhas cantas fotos,a emoción respírase no ambiente!

                                          
                           


                                                        

Recordámosvos que se seguimos a vender as nosas magníficas rifas dunha tablet nexus 7, valorada en 240 euros e con espectaculares características. Necesitamos a vosa axuda xa que aquí non houbo diñeiro para poder facer a nosa prusa i3 e estamos intentando recadar o máximo que poidamos para que a nosa aprendizaxe e o noso futuro progrese. Custan 2 euros cada unha, pero tendes mooooitas opcións de que toque xa que só hai 200 rifas.


Dende Coristanco animamosvos a conseguir a vosa tablet nexus 7 ;) 
Unha aperta a todos os nosos compañeiros que nos siguen, vémonos na próxima!

domingo, 17 de noviembre de 2013

Pataqueiros!

Benvidos o noso blog, nós somos Sergio Lorenzo, Francisco Martínez, Mónica Tato, Kevin Martín, Javier Bouzas, Iván Bardanca e Borja Recarey.


O noso profesor é Tucho Méndez e coa súa axuda, apoio e explicacións levamos este proxecto.



Gracias a todos os que nos seguides ou visitades!                                      
                                                                                          Un saúdo!