viernes, 13 de diciembre de 2013
Rifas e impresora 3d
Hola eu son Kevin e vouvos a informar sobre a quen lle tocou a tablet nexus 7 que estuvemos sorteando e sobre
uns videos dunha impresora 3d que vimos.
miércoles, 27 de noviembre de 2013
Imprusiño no Pichel!
Hola
a todos pataqueiros e pataqueiras, xa temos noticias frescas dende o
Xosé Pichel. Como xa sabedes estamos traballando e investigando sobre as
impresoras 3d, pois ben, grazas a que o noso profesor Tucho que nos conseguiu
prestada unha prusa i2, puxémonos mans a obra. Estivemos aprendendo como
se usaba, de que estaba composta, as cousas que facía e todo o que podía
ofrecernos. Agora viña o máis difícil; tíñamos o reto de facer unha
presentación moi detallada de todo o que sabíamos da impresora 3d a cada
curso do noso instituto,tarefa complicada, sabendo como son os de
Coristanco... Aquí vos deixamos unhas cantas fotos,a emoción respírase
no ambiente!
Recordámosvos
que se seguimos a vender as nosas
magníficas rifas dunha tablet nexus 7, valorada en 240 euros e con
espectaculares características. Necesitamos a vosa axuda xa que aquí non
houbo diñeiro para poder facer a nosa prusa i3
e estamos intentando recadar o máximo que poidamos para que a
nosa aprendizaxe e o noso futuro progrese. Custan 2 euros
cada unha, pero tendes mooooitas opcións de que toque xa que só hai 200
rifas.
Dende
Coristanco animamosvos a conseguir a vosa tablet nexus 7 ;)
Unha aperta
a todos os nosos compañeiros que nos siguen, vémonos na próxima!
domingo, 17 de noviembre de 2013
Pataqueiros!
Benvidos o noso blog, nós somos Sergio Lorenzo, Francisco Martínez, Mónica Tato, Kevin Martín, Javier Bouzas, Iván Bardanca e Borja Recarey.
O noso profesor é Tucho Méndez e coa súa axuda, apoio e explicacións levamos este proxecto.
Gracias a todos os que nos seguides ou visitades!
Un saúdo!
O noso profesor é Tucho Méndez e coa súa axuda, apoio e explicacións levamos este proxecto.
Gracias a todos os que nos seguides ou visitades!
Un saúdo!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)